AGFA do eume

AGFA do eume

A Asociación Galega da Froita Autoctona do Eume nace coa esperanza de revitalizar a cultura da froita que na Comarca do Eume tivo tanta trascendencia noutros tempos e que pouco a pouco foi caendo na deixadez e na decadencia. Todos os socios desta Asociación traballan para darlle a importancia que se merece á froita desta zona, que lentamente foi desprazada por froita doutras zonas e producidas por métodos industrializados que lle restan sabor, aroma e elementos nutricionais en favor dunha estética e durabilidade que nos aportan bastante pouco.
Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual
Benvidos




































